Apreciado un ‘indicio sólido de delito’ na repotenciación de o parque eólico de Corme

1 minutes read

A Audiencia Provincial coruñesa aprecia un “indicio sólido de delito” nos convenios do ex-alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido e a empresa eólica EDP. No seu auto desde a sección N.º 2 da Audiencia Provincial confirman que non se tramitou expediente algún que xustificase a disposición dos predios polo que “permite valorar arbitrariedade en termos penais dos actos do entón alcalde en relación con eles”. Deste xeito sinala que “tal feito constitúe un indicio sólido de delito” xa que unha das formas do delito de prevaricación é obviar “de forma completa o procedemento obrigado”. Por iso ordénase ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 3 de Carballo tomar declaración a García Carballido e continuar coas dilixencias oportunas. Mantense o sobresemento con respecto ao funcionario demandado.