Unha embarcación de doce metros e medio de eslora e bandeira polaca transportaba dúas toneladas e media de cocaína repartidas en 86 fardos. Outra tonelada foi decomisada nun chalet de Tenerife.
O patrulleiro Petrel, do Servizo de Vixilancia aduaneira, abordouna en mar aberto, ao oeste das illas Canarias, nunha operación conxunta coa Policía Nacional e a Garda Civil.
Estaba na chamada ruta atlántica da cocaína, utilizada por veleiros, pesqueiros ou mercantes que transportan a droga desde América do Sur e o Caribe ata Europa.
Os paquetes coa droga estaban á vista no interior da lancha, o que leva a pensar que se ían transbordar a outras embarcacións.
A cocaína confiscada, a embarcación e os seus tripulantes, dous individuos franceses, desembarcaron no porto de Santa Cruz de Tenerife para pasar a disposición xudicial. En total hai nove detidos, que xa entraron en prisión.