- A mercadoría non dispoñía da documentación legal e algúns exemplares pesaban menos dun quilo
A Garda Civil do Seprona de Corcubión interveu o pasado venres, 2 de abril, 41 quilos de polbo na localidade de Camariñas entre os que se atopaban exemplares que non daban a talla ao pesar menos dun quilo.
Os feitos producíronse tras un aviso sobre varias descargas deste molusco que non pasarían pola lonxa do municipio. Tras montar un dispositivo para verificar a devandita información, os axentes divisaron como na rampla do pantalán descargábase dunha embarcación da 3ª lista un cesto que foi introducido nunha furgoneta isoterma. Membros do Seprona deron o alto ao vehículo para inspeccionar a carga, e finalmente comprobaron que a condutora non posuía a documentación que amparaba legalmente a mercadoría.
Por todo iso, os axentes formularon varias denuncias tanto á transportista como ao patrón da embarcación ante a Consellería do Mar da Xunta.