Os feitos sucederon cando efectivos do Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña, observaron como un pesqueiro que entraba no porto de Malpica, patroneado por un home, tras o seu amarre no pantalán colgou dun costado da embarcación dous sacos de rede.
Unha vez en terra o patrón subiu ao volante dunha furgoneta para dirixirse aos almacéns do peirao, momento no que os efectivos actuantes solicitáronlle que os acompañase ao zona onde amarrara o pesqueiro, descubrindo a bordo deste e ocultos baixo a roupa de augas un capacho con 20,2 Kg de polbo con talla e peso regulamentario, un cubo con 9 unidades de polbo inmaturo que sumaban un total de 7,4 Kg que foi aprehendido e entregado nun centro benéfico.
Nos sacos de rede había 8 Kg de nécora dos cuales 1Kg estaba ovada e 1,05 Kg de santiaguiños, estando ambas as especies vedadas. Foron comisados todos os exemplares e ao acharse con vida devoltos ao mar.
Por estes feitos o SEMAR elevou 4 denuncias á Lei 11/2008 de Pesca de Galicia por incumprir a obrigación de pesada antes de a primeira venda, por capturar e reter a bordo especies ovadas, por capturar especies en veda e por capturar especies de talla inferior á regulamentaria.
0