Aprehendidos case 15 kg de percebe en Camariñas

1 minutes read
  • Os detidos son dous veciños da localidade de 29 e 35 anos

O Servizo Marítimo Provincial da Coruña aprehendeu 14,3 kg de percebe despois de realizar un operativo de prevención do furtivismo nas inmediacións do Porto de Camariñas.

Os agora detidos resultaron ser dous veciños da localidade de 29 e 35 anos que se achegaron ata unha embarcación de pesca de fondo para transvasar os equipos de inmersión e marisco colleitado. Ao introducirse nun turismo para saír do lugar a gran velocidade, foron interceptados polas autoridades.

Tras inspeccionar tanto a embarcación de recreo como a de pesca para transvasar o material, os axentes procederon á incautación de 14,3 kg de percebes, así como dous traxes de neopreno, dúas botellas de aire comprimido e unha mangueira con regulador.

Aos detidos detívoselles por furtivismo e tamén se lles sancionou por saltarse o confinamento.