Aprehendidos case 28 quilos de polbo na Coruña

CEDIDA

  • A Garda Civil tamén requisou dous equipos completos de pesca submarina e un vehículo

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Comandancia da Coruña, incautou 27,8 quilos de polbo, dous equipos de pesca submarina e un vehículo na cidade herculina.

A incautación produciuse despois de que os axentes se decatasen da presenza de dous individuos que se atopaban practicando pesca submarina na zona do Portiño.

Ao saír da auga, estes levaban consigo dúas bolsas de rede e introducíronas no maleteiro dun vehículo estacionado nas proximidades e, posteriormente, cambiáronse de vestimenta.

O turismo en cuestión foi interceptado pola Garda Civil na estrada do Monte San Pedro. Ao iniciar a comprobación da documentación, constatouse que os dous suxeitos carecían da pertinente licenza para a práctica desta actividade.

Os efectivos actuantes revisaron o maleteiro do vehículo localizando no mesmo os dous equipos de pesca submarina e os dous sacos de rede, os cales contiñan 9 polbos de talle legal cun peso de 19,3 quilos e 16 exemplares inmaduros con pesos comprendidos entre 0,3 o máis pequeno e 0,9 quilogramos o máis grande, sumando un total 8,5 quilos.

O vehículo e os equipos foron depositados no Servizo de Gardacostas de Galicia e as capturas foron entregadas nun centro benéfico da cidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha