‘Aprende a través do surfing’ volve a Camariñas con cen participantes

Cedida

  • O alumnado cursa segundo, terceiro e cuarto de primaria nos CEIP O Areal e Ponte do Porto

Este martes, 26 de abril, arrinca en Camariñas a segunda edición de Aprende a través do surfing, un programa onde se pretende achegar aos rapaces unha sensibilización hacia o mar, a natureza e ao propio deporte. Neste caso participarán cen alumnos en total de segundo, terceiro e cuarto curso dos CEIP O Areal e Ponte do Porto. O alumnado do primeiro centro desenvolverá a actividade martes, mércores e xoves da mesma semana, mentres que os do outro colexio irán a seguinte.

Como novidad, neste curso 21/22 Aprende a través do surfing incorpórase ao proxecto Explora 10, unha iniciativa posta en marcha por varios concellos da Costa da Morte para potenciar o turismo deportivo na comarca. Unha campaña que conta co apoio da Consellería de Medio Rural.