Apresado un pesqueiro en Camariñas que traía 45 fardos de cocaína a bordo

1 minutes read

Axentes de Aduanas e da Policía Nacional detiveron a unha persoa en relación cun alixo de droga comisado a bordo do pesqueiro Nuevo Furuno, con porto base en Camelle.  Segundo din os veciños, un mozo de Camelle vendéullelo hai uns catro meses a dúas persoas de Boiro que viven nunha zona de Camariñas chamada Brañas Verdes.  O barco está amarrado no peirao de Santa Mariña, en Camariñas, custodiado por unha ducia de axentes da Policía Nacional, incluída unha unidade canina Está previsto que o arrestado pase este venres a disposición do Xulgado de Instrución numero 2 de Corcubión.