Aprobación definitiva do proxecto de expropiación dos terreos para ampliar o punto limpo da Laracha

Na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada este xoves elevouse a definitiva a aprobación do expediente de expropiación dos terreos afectados pola ampliación do punto limpo da Laracha. Fíxose unha vez superado o período de información pública ao que estivo sometido o documento por un período de un mes, durante o que non se presentaron alegacións.

O Concello vai adquirir 5.096 metros cadrados de superficie pertencente a unha única parcela catastral situada a carón do punto limpo. A dispoñibilidade deses terreos é condición necesaria para a futura execución do proxecto dirixido a aumentar os espazos desas instalacións municipais, o que permitirá mellorar e incrementar os servizos que se ofrecen nelas para comodidade dos usuarios e acadar unha más eficiente xestión dos diferentes tipos de residuos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha