Aprobada a adxudicación de nove postos do mercado municipal de Carballo

1 minutes read

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación de nove postos do mercado municipal: tres para outras tantas peixerías, outros tantos para carnizarías (dous deles para o mesmo titular), un para froitaría, outro para panadaría e o último, para florería. Estas son as primeiras concesións derivadas do proceso iniciado en agosto do ano pasado coa intención de actualizar os usos da praza de abastos e de abrir a posibilidade de incorporación de novos negocios. Con esa finalidade, a área de Feiras e Mercados xa está traballando no prego para unha nova licitación, na que tamén se incluirá o servizo de hostalaría tras a recente finalización do anterior contrato.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?