Aprobada a cesión de uso do edificio municipal situado no polígono de Bértoa á Asociación As Eiroas


A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou na súa xuntanza deste luns a cesión de uso en precario do edificio municipal situado no polígono industrial de Bértoa á Asociación As Eiroas de Propietarios e Empresarios. A entidade poderá utilizar o inmoble durante catro anos para a celebración de actividades orientadas á dinamización económica e promoción social, co obxectivo, como argumentaba na solicitude presentada no Concello de Carballo, de “facer deste edificio un espazo aberto a todos os usuarios do polígono”.