Construirase unha nova rotonda con 13 metros de radio na intersección da vía autonómica AC-550 coa estrada provincial DP-5704, de acceso ao porto da Barquiña. Renovaranse as beirarrúas desde a nova glorieta ata a alameda de Noia, deixando a vía cun carril por sentido e dotándoa dun itinerario peonil accesible nunha das marxes, con aparcadoiro na marxe dereita. Estas dúas actuacións de mellora da seguridade viaria na contorna desta vía autonómica suporán un investimento da Xunta de 1,15 M€, no que se inclúe tamén o pagamento dos predios necesarios para levar a cabo as actuacións. A previsión é convocar o levantamento das actas previas das expropiacións e licitar as obras no primeiro semestre de 2022, co obxectivo de poder iniciar os traballos no segundo semestre do ano. O prazo de execución é de 10 meses.
30