Aprobada a convocatoria de subvencións para as festas populares de Carballo

0 minutes read

A Xunta de Goberno Local celebrada este luns no Concello de Carballo deu luz verde a convocatoria de subvencións para as festas populares deste ano. O importe das axudas determinarase segundo o número de días festivos que se celebren e nos que se realice unha verbena ou concerto na que actúe unha orquestra ou grupo musical en directo ou solista de consolidado renome e relevancia. Exclúense os solistas, dúos e os tríos de animación musical e os Djs. A axuda será de 400 euros por cada día de festa.