O Congreso dos Deputados aprobou este xoves o proxecto de Lei de Protección, Dereitos e Benestar Animal coa emenda socialista que exclúe aos cans de caza. Tras un debate tenso dos deputados, a iniciativa saíu adiante con 174 votos a favor de PSOE, Unidas Podemos, ERC e Bildu, mentres que foron 167 os votos en contra, e 7 as abstencións de JxCAT, Compromis, BNG e Teruel Existe, que mantiveron a incerteza ata o último momento. Tamén se aprobou este xoves o proxecto de lei de reforma do Código penal sobre malos tratos animais que se tramita en paralelo ao anterior. Na súa tramitación, o texto da norma incorporou na fase de comisión parlamentaria unha emenda transaccionada do grupo Socialista, apoiada por PP e Vox, que exclúe aos cans de caza do proxecto de lei e que, a pesar de todo o rexeitamento manifestado por Unidas Podemos, este grupo acabaraa asumindo.
42