Aprobada a licenza de obra do Breogán Park, o parque comercial que substituirá ao Dolce Vita

1 minutes read

A Xunta de Goberno local da Coruña aprobou este mércores a licenza para a construción do Breogán Park, o que permitirá o inicio das obras deste parque comercial que substituirá ao centro comercial Dolce Vita no polígono de Agrela. As obras, segundo informan os seus promotores Pelayo Capital, darán comezo nas próximas semanas, «unha vez ordenados e coordinados todos os procesos e as súas correspondentes accións». O proxecto dará servizo a máis de 20.000 persoas e ofrecerá solucións comerciais tradicionais e de primeira necesidade como alimentación e bricolaxe, ademais de incorporar servizos máis vangardistas como ximnasio, lecer ao aire libre, coworking, rochos e unha variada restauración. Breogán Park é a primeira reconversión dun centro comercial nun parque comercial realizada en España e é o único, ademais, que obtivo a cualificación de Excelente na certificación de sustentabilidade Breeam en Construción.