O Concello da Laracha xa dispón dos terreos necesarios para a execución do proxecto que contempla a implantación dunha senda, como itinerario peonil de acceso a praia das Salseiras, e a mellora para o acceso do itinerario motorizado, para que os vehículos que precisan chegar ós aparcadoiros desta praia periurbana, teñan seguridade vial, pero sempre respectando a traza dos camiños existentes, sen incorrer en ningunha das actuacións prohibidas nesta zona de servidume.
A mellora dos itinerarios peonil e motorizado de acceso, consisten fundamentalmente en: implantación de senda peonil, comunicando de forma segura a avenida da Laracha coa praia,e a mellora da estrada, ampliando a calzada a dous carrís de circulación, sendo a vía de dobre sentido.