59
- O prezo por usar as instalacións fixouse en 350 euros
O pasado martes, 22 de decembro, aprobouse a municipalización do tanatorio de Zas nun pleno extraordinario e coa abstención do Partido Popular.
Ademais, na sesión acordouse fixar en 350,57 euros a tarifa polo uso das instalacións, que xa están completamente rematadas.
O PP propuxo aplicar unha tarifa especial para os empadroados no Concello de Zas, pero esta proposta non saíu adiante debido a que non está permitido por lei aplicar esta diferenciación. De feito, noutros tanatorios municipais como o de Dumbría ou Camariñas existe unha única tarifa para todos os usuarios «independentemente de onde estean empadroados», sinalan desde o consistorio.