Aprobada a municipalización do tanatorio de Zas

Imaxe por ordenador do tanatorio municipal de Zas_Facebook Concello

  • O prezo por usar as instalacións fixouse en 350 euros

O pasado martes, 22 de decembro, aprobouse a municipalización do tanatorio de Zas nun pleno extraordinario e coa abstención do Partido Popular.

Ademais, na sesión acordouse fixar en 350,57 euros a tarifa polo uso das instalacións, que xa están completamente rematadas.

O PP propuxo aplicar unha tarifa especial para os empadroados no Concello de Zas, pero esta proposta non saíu adiante debido a que non está permitido por lei aplicar esta diferenciación. De feito, noutros tanatorios municipais como o de Dumbría ou Camariñas existe unha única tarifa para todos os usuarios «independentemente de onde estean empadroados», sinalan desde o consistorio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha