Aprobada a nova estrutura de goberno da Deputación da Coruña

1 minutes read

O pleno da Deputación da Coruña aprobou a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no mandato 2023-2027. Todos os puntos da orde da día foron aprobados por unanimidade. O goberno provincial estará conformado polo PSOE e o BNG e presidido por Valentín González Formoso (PSOE), tras o pacto de goberno asinado por ambas formacións políticas. Xosé Regueira Varela (BNG) será de novo o vicepresidente do goberno provincial.

O pleno aprobou a creación de dez comisións informativas, unha máis que no anterior mandato, que estarán presididas polos seguintes deputados/as:

1. Deputado de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital. José Ramón Rioboo Castro (PSOE)

2. Deputada de Política Social, Educación e Mocidade: María del Mar García Vidal (PSOE). Delegación especial en materia de Educación e Mocidade: Eudoxia María Neira Fernández (PSOE)

3. Deputada Sectores Produtivos: Mar e Medio Rural: Cristina Capelán Cancelo (PSOE)

4. Deputada de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios. Cristina García Rey (BNG)
5. Deputado de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria: Xosé Regueira Varela (BNG)

6. Deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais: Mónica Rodríguez Ordóñez (PSOE)

7. Deputada de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: Natividad de Jesús González Rodríguez (BNG). Delegación especial en materia de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís: María Soledad Agra Tuñas (BNG)

8. Deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento. Xosé Penas Corral (BNG)

9. Deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica: Rosa Ana García López (PSOE)

10. Deputado de Deportes. Antonio Leira Piñeiro (PSOE)