Aprobada a organización do Concello de Carballo para o mandato 2023-2027

3 minutes read

Tras a celebración do primeiro pleno do mandato, de carácter extraordinario, este tivo un dobre obxectivo, realizar o sorteo para designar ás persoas que formarán parte das mesas electorais o 23 de xullo e de establecer o sistema de organización do Concello de Carballo para os próximos catro anos, que será o seguinte:

  • Bloque Nacionalista Galego (BNG): Evencio Ferrero Rodríguez, alcalde; Belén Lendoiro Esmorís, Xosé Regueira Varela, voceiro do grupo municipal; Ángeles Pacoret Rodríguez, Daniel Pérez López, Maruxa Suárez Cotelo, Juan Seoane Collazo, Maica Ures García, Iván Andrade Tasende, Luís Lamas Álvarez, Mar Eirís Villar, Miguel Vales Mallo e Ramón Varela Rodríguez.
  • Partido Popular (PP): Rubén Lorenzo Gómez, voceiro do grupo municipal; Beatriz Neira Varela, Isidro Varela Bardanca, María Isabel Cotelo Recarey (non asistiu á sesión), José Rey Torres e Javier Calvelo Bellón.
  • Partido Socialista Obreiro Español (PSOE): María Carmen Vila Blanco, voceira do grupo municipal, e Valentín Costa Trillo.

Os plenos ordinarios celebraranse o último luns de cada mes ás 20.30 horas, agás a correspondente ao mes de agosto, que se trasladará ao primeiro luns de setembro, e as que coincidan en véspera de festivo, que poderán variar a data por acordo dos portavoces políticos. O acordo foi adoptado por unanimidade.

  • Pleno: cada concelleiro/a recibirá 100 euros, e os/as voceiros/as, 50 euros a maiores.
  • Xunta de Goberno Local: cada concelleiro/a percibirá 100 euros.
  • Comisións informativas: 90 euros. A maiores, os/as presidentes/as percibirán 60 euros.

Resolucións do alcalde

  • Nomeamento de tenentes de alcalde: Belén Lendoiro, 1ª tenente de alcalde; Xosé Regueira, 2º; Ángeles Pacoret, 3ª; Daniel Pérez, 4º; Iván Andrade, 5º, e Mar Eirís, 6ª.
  • Delegación de competencias en concelleiros delegados
  • Designación de membros da Xunta de Goberno Local e delegación de competencias: A Xunta de Goberno Local estará presidida polo alcalde e formarán parte da mesma os seis tenentes de alcalde. A primeira sesión celebrarase o 3 de xullo ás 13.00 horas.
  • Delegación de competencias en expedientes sancionadores de tráfico no concelleiro Juan Seoane.
  • Nomeamento como representante do alcalde a Milagros Lantes Seara, sen retribución algunha nin competencias máis alá da representación da Alcaldía no desenvolvemento dos servizos, a información á veciñanza ou a canalización de demandas sociais.
Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?