- Créanse un total de nove comisións entre as que destaca a incorporación dunha nova área de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible
As comisións estarán presididas polos seguintes deputados/as:
1. Deputado de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior: Don Antonio Leira Piñeiro (PSOE)
2. Deputada de Benestar Social e Educación: Dona Ana Lamas Villar (PSOE) Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Educación a Dona Sandra González Castro (PSOE)
3. Deputado de Promoción Económica e Asistencia a Municipios: Don José Blas García Piñeiro (PSOE). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de Asistencia a Municipios a Don José Manuel Lage Tuñas (PSOE).
4. Deputado de Cooperación, Plans Provinciais Xerais, Turismo e Patrimonio Histórico e Cultural: Don Xosé Regueira Varela (BNG)
5. Deputado de Infraestruturas Viarias, Vías e Obras Provinciais: Don José Manuel Pequeño Castro (PSOE)
6. Deputado de Cultura, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística: Don Xosé Xurxo Couto Rodríguez (BNG). Baixo a supervisión do deputado responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de políticas de igualdade e normalización lingüística a Dona María del Carmen Muiño Filgueira (BNG)
7. Deputada de Deporte e Xuventude: Dona Cristina Capelán Cancelo (PSOE). Baixo a supervisión da deputada responsable desta área, atribúese delegación especial en materia de xuventude a dona Sandra González Castro (PSOE).
8. Deputado de Contratación, Patrimonio Provincial e Equipamento: Don Xosé Luis Penas Corral (BNG)
9. Deputado de Transición Ecolóxica, Emprego e Territorio Sostible: Don José Ramón Rioboo Castro (PSOE)
Os portavoces dos diferentes grupos políticos no Pleno, que seguirá celebrándose con periodicidade mensual o último venres de cada mes serán: Rosa Gallego Neira (PP), Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE e portavoz do Goberno provincial), María del Carmen Muíño Filgueira (BNG), Alberto Lema Suárez (Marea Atlántica) e Ángel García Seoane (Alternativa dos Veciños).