Aprobada a prórroga do estado de alarma ata o 10 de maio

Pedro Sánchez_Congreso dos Deputados.

O Goberno logrou este mércores a autorización do Congreso para decretar a terceira prórroga do estado de alarma para atallar a propagación do coronavirus e que durará ata o 10 de maio. O amplo respaldo que obtivo o Goberno provén dos votos do PSOE, PP, Unidas Podemos, Cs, PNV e as formacións de Más País, Compromís, UPN, Coalición Canaria, Nova Canarias, Foro, Teruel Existe e PRC. En total, 269 votos favorables dun total de 350 escanos. Abstivéronse ERC, EH Bildu e BNG, en tanto que a rexeitaron Vox, JxCat e a CUP. Pedro Sánchez avisa que o confinamento non rematará mentres o país non estea preparado. Advirte que a desescalada será «lenta e gradual. O confinamento xeral non se levantará ata que non esteamos preparados, porque non imos correr ningún risco que nos traia de volta ata a dolorosa situación que vivimos e que tanto nos custou reverter», afirmou o Presidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha