Aprobada a revisión do Plan de salvamento en praias de Galicia

A Comisión Galega de Protección Civil aproba por unanimidade a revisión do Plan de salvamento en praias de Galicia – SAPRAGA-.

O plan foi avaliado de xeito favorable na comisión técnica permanente desta comisión e ten como obxectivo establecer a coordinación dos servizos de prevención e socorrismo para incidencias ordinarias e a integración no PLATERGA ante as emerxencias extraordinarias.
Os concellos con praias, tanto fluviais como marítimas, poderán adherirse de xeito voluntario a este novo plan, que inclúe como novidade a elaboración dunha análise de riscos dos areais para fixar as medidas e recursos mínimos de protección para reducir riscos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha