Aprobada a subida do salario mínimo interprofesional ata os 950 euros

Representantes do Goberno, dos Sindicatos e da Patronal_Fonte: @Yolanda_Diaz_

Este mércores a Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou que o salario mínimo interprofesional (SMI) subiría ata os 950 euros brutos mensuais durante este ano.

O acordo conseguiuse na reunión que celebraron durante esta tarde Yolanda Díaz, os secretarios xerais de CCOO e UXT, Unai Sordo e Pepe Álvarez, e os presidentes de CEOE e Cepyme, Antonio Garamendi e Gerardo Cuerva.