Aprobada unha proposta socialista para que o Sergas reforce os recursos de atención bucodental 

1 minutes read

A Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para pedirlle ao Sergas que garanta “os recursos axeitados” para cumprir coa ampliación de servizos de atención bucodental impulsados polo goberno de España no último Consello Interterritorial. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou esta iniciativa co obxectivo de “impulsar os máximos estándares posibles en atención bucodental” en Galicia.

Torrado reclamoulle ao goberno galego que se poña “á cabeza” da implantación en Galicia dos acordos do Consello Interterritorial de Saúde do ano 2022, que rematou cunha partida de 44 millóns de euros adicionais para mellorar a atención á saúde bucodental nas comunidades autónomas e o recente acordo deste mesmo ano con outra partida de 63 millóns. Explicou que Galicia recibirá 6 millóns de euros adicionais de orzamento, o que “non é pouca cousa”, concluíu.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?