Aprobadas as intervencións de mellora en Camiño do Río, en Malpica

Malpica

  • No pleno tamén se aprobaron as ratificacións das resolucións de alcaldía referentes aos traballos de mellora da accesibilidade na Casa do Concello

O Concello de Malpica celebrou unha sesión plenaria de maneira presencial no Centro Cívico malpicán, gardándose en todo momento as distancias de seguridade e medidas hixiénicas pertinentes.

No pleno aprobáronse as intervencións en Camiño do Río para separar pluviais e pavimentar de novo a contorna; e tamén se acreditaron as ratificacións das resolucións de alcaldía referentes aos traballos de mellora da accesibilidade na Casa do Concello de Malpica de Bergantiños.

O alcalde, Walter Pardo, recalcou a importancia de que ‘estes traballos comecen canto antes, xa que supoñen melloras nas que levabamos traballando varias semanas’.