Aprobadas as listas dos candidatos do PSdeG polas catro provincias

O comité nacional do PSdeG aprobou este martes as listas do partido para as eleccións autonómicas. Na Coruña, encabeza a candidatura Patricia Iglesias mentres que en Pontevedra será Elena Espinosa, concelleira en Vigo.

En Ourense, a directiva autonómica optou por Carmen Dacosta como cabeza de lista. Por último, en Lugo encabeza o propio Gómez Besteiro seguido da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

E coas listas pechadas, o líder do PSdeG chamou á mobilización da sociedade progresista nestas 6 semanas antes do 18 de febreiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha