30
O Consello da Xunta aprobou este xoves novas concentracións parcelarias. Trátase dun total de nove, localizadas en sete concellos galegos que reorganizarán máis de 8.900 hectáreas de terreo e beneficiarán a 5.600 propietarios. As concentracións parcelarias aplicaranse en Montes de Fao e Novefontes (Touro), Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), Herbón (Padrón), Freixeiro (Santa Comba), Castenda (Tordoia), Baltar-Golán-Grobas (Melide) e as de Arcillá-Bestar-Vilar-Sisoi, Lamas e Roás (as tres en Cospeito). Son, en total, 562 explotacións activas situadas nestes municipios, de aí a necesidade de reorganizar o territorio para mellorar as condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias da zona.