Aprobado o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, publicou este venres no Diario Oficial de Galicia o anuncio polo que se aproba o cambio de clasificación da variante de Aradas, en Santiago de Compostela.

O obxectivo desta modificación é equilibrar a necesaria defensa do dominio público viario cunha xestión máis acorde co desenvolvemento da actividade económica e urbanística na contorna da vía autonómica VG-1.8, que comunica o polígono industrial do Tambre coas estradas provinciais a Santa Comba e Trazo.

Deste xeito a Xunta favorece que, coa nova clasificación como estrada convencional e sen que signifique ningunha modificación na súa configuración física, se permita que a súa liña límite de edificación se reduza a 15 metros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha