Aprobado o acordo de reestruturación parcelaria de Fisteus, en Curtis


A Consellería do Medio Rural aprobou o acordo de reestruturación parcelaria da zona de concentración de Fisteus, no concello de Curtis.  Así, reorganízase unha zona cunha superficie de 3.503 hectáreas, distribuída en 9.984 parcelas achegadas ao proceso por un total de 1.075 propietarios, o que resulta nun total de 2.011 leiras de substitución cunha superficie media por leira de 17.981 metros cadrados, que contrastan cos 3.509 de superficie media das parcelas achegadas. Deste xeito, esta zona pasa dunha media de 9,29 parcelas por propietario a unha de 1,72 predios de substitución por propietario. Este proceso de reordenación é o primeiro que se acomete neste municipio coruñés. Ademais, a gran cantidade de hectáreas e de parcelas achegadas converten a zona de Fisteus na de maior superficie de todas as levadas a cabo actualmente pola Consellería do Medio Rural.