Aprobado o anteproxecto de Lei de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario

Alimentos_PIXABAY

O Consello de Ministros aprobou este luns o anteproxecto de Lei de Prevención das Perdas e o Desperdicio Alimentario, normativa concibida para reducir o refugallo de alimentos sen consumir que acaban no lixo e fomentar así un mellor aproveitamento dos mesmos. Con esta nova norma, tratarase tamén de obrigar ás tendas para fomentar a venda de produtos “feos, imperfectos ou pouco estéticos” que estean en condicións óptimas de consumo, así como a incentivar a venda de alimentos de proximidade, ecolóxicos e a granel, explicou o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, na rolda de prensa tras o Consello de Ministros. Con esta lei, a primeira sobre a materia en España, pero que xa existe noutros países europeos, o Executivo ratifica o seu compromiso co cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 de Nacións Unidas, que recollen expresamente a aspiración de reducir á metade o desperdicio de alimentos per cápita.