Aprobado o estado de alarma, que podería ampliarse ata maio de 2021

1 minutes read

O Goberno de España aprobou este domingo o estado de alarma, por quince días, pero coa intención de que se prolongue ata o mes de maio de 2021. Esta decisión leva aparellado un toque de queda obrigatorio tamén para todo o Estado, agás Canarias, que vai das once da noite ata as seis da mañá.

A autoridade delegada serán os presidentes automómicos, que terán marxe para adiantar ou atrasar o confinamento nocturno, ademais de poder decidir prohibir a mobilidade, mesmo entre autonomías.

Estas medidas están en vigor desde este mesmo domingo. O Congreso debe agora ratificar a prórroga do estado de alarma, polo que piden o total respaldo de todas as autonomías.