O Concello de Carballo celebrou este luns a sesión constitutiva da súa Xunta de Goberno Local, quedando establecidas as súas competencias, e, deste xeito, nesta sesión xa adoptou os primeiros acordos do mandato. Entre eles destacan a aprobación das bases reguladoras da convocatoria de subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para actividades de promoción económica durante o ano 2023, cunha consignación de 70.000 euros, e o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución das obras de prolongación da rúa Neptuno para conectala coa Arroaces, en Razo, incluída no PXOM como sistema xeral viario SX-VI/AU11. O proxecto someterase a información pública por un prazo de 1 mes para que as persoas interesadas poidan formular as observacións ou reclamacións que estimen oportunas. Os propietarios das tres parcelas afectadas serán notificados individualmente, xa que a prolongación da vía obriga a ocupar 193, 57 e 37 metros cadrados, respectivamente.
39