A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia a aprobación do expediente de información pública do proxecto da 1ª fase de acondicionamento da estrada Grilloi- Ponteceso (AC-423), en Cabana de Bergantiños.
A Xunta realizará un investimento de case 1 millón de euros na mellora desta estrada, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350. Nesta 1ª fase mellorarase o firme naqueles treitos que se presentan deteriorados e rectificaranse as curvas que teñan un radio reducido.
Ademais executaranse 3 treitos de sendas peonís en distintos puntos para conectar coas xa existentes. A intervención tamén contempla a instalación dunha nova marquesiña na parada de autobús.
Esta actuación súmase a outras infraestruturas executadas recentemente no concello como a senda peonil e ciclista na estrada AC-429, que vai de Ponteceso a Laxe, entre os núcleos de Neaño e A Carballa.
Esta senda une coas beirarrúas xa existentes, creando un itinerario de case 7 km que lle permite aos veciños desprazarse entre Ponteceso e Taboído en condicións de maior seguridade.