Aprobado o impulso ao plan estratéxico agrario da comarca da Limia


O Parlamento de Galicia aprobou, a iniciativa do Grupo Popular, unha iniciativa referida ao impulso do plan estratéxico do sector agrario na comarca da Limia así como a demanda ao Goberno de España da axilización das autorizacións para a construción dos pozos de sondaxe, financiamento para a modernización do regadío, limpeza das canles e camiños, así como adicar fondos europeos Nex Generation para solucionar a problemática da xestión dos xurros nas explotacións gandeira na comarca.

O deputado popular José Antonio Armada defendeu a aposta pola sustentabilidade da actividade agropecuaria nesta bisbarra ourensá e o apoio as actuacións que desenvolvan e potencian o sector agrario, garantinto e respectando os requisitos medioambientais.

Deste xeito, na iniciativa popular, se solicita o impulso ao Plan estratéxico do sector agrario na comarca, posto en marcha pola Consellería do medio Rural, co fin de alcanzar un mellor e máis efectivo aproveitamento dos recursos e reducir a concentración de nutrientes nas augas.