Aprobado o novo catálogo de hórreos do PXOM de Carballo

Imaxe do pleno telemático en Carballo_28_12_20

  • Quedaron excluídos 1.059 por non responder con exactitude á definición de patrimonio etnolóxico da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia

No último pleno do ano, celebrado este luns 28 de decembro, a corporación municipal de Carballo aprobou de xeito inicial unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que supón a actualización do catálogo de hórreos. No concello hai agora mesmo 1.052 hórreos que terán categoría de bens catalogados ou bens de interese cultural.

Este novo catálogo, no que os hórreos van acompañados dunha fotografía e dunha descrición arquitectónica, conta unicamente con aqueles elementos que responden con exactitude á definición de patrimonio etnolóxico establecida na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, polo que se excluíron un total de 1.059.

Tras a aprobación inicial por parte do pleno, coas abstencións dos dous concelleiros de Terra Galega, o expediente de modificación será sometido a información pública durante dous meses para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que consideren.