Aprobado o orzamento da Laracha para 2020

1 minutes read

O Concello da Laracha terá un orzamento de 8.235.000 euros para o exercicio económico do ano que vén. Así foi aprobado este venres polo Pleno cos votos a favor do grupo do goberno (Partido Popular), as abstencións dos catro edís do grupo socialista e o posicionamento en contra dos dous edís do BNG.
O alcalde, José Manuel López Varela, agradeceu o labor do departamento de intervención e cualificou os presupostos como “realistas e feitos con precaución”, avanzando que “as modificacións que haxa que realizar, faranse do mesmo xeito que nos últimos anos” co desexo de que os orzamentos “aumenten moito” durante o 2020.
López Varela considera que estes orzamentos permitirán manter as políticas municipais porque “o que pretendemos é continuar facendo as cousas ben, igual que nos últimos anos”. O alcalde concluíu afirmando que estes presupostos están “pensados para poder dar solucións a todos os veciños, tanto aos que residen no núcleo rural máis apartado do centro do municipio como aos que viven xunto á Praza do Concello”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?