Aprobado o Plan de Conservación do ENIL das Illas San Pedro en A Coruña

1 minutes read
  • Esta medida permitirá definir os usos das illas e consolidar o rico hábitat da zona

Este mércores a Xunta de Galicia aprobou o Plan de Conservación do ENIL (Espazo Natural de Interese Local) das Illas de San Pedro, unha noticia que alegraba e asombraba ao mesmo tempo á Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Coruña, despois de todos os requerimentos que o departamento técnico tivera que responder ante o goberno autonómico no ano 2018.

Desde o Concello non entenden que desde o Executivo galego non se lle comunicara dita aprobación cando a autoría do Plan corresponde en exclusiva aos técnicos da Concellería, pero celebran a súa posta en marcha xa que lles permitirá contar cun instrumento que define os usos que se poderán facer destas illas e que consolidará o rico hábitat da zona.

Ao finalizar este período de confinamento, a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, ten previsto celebrar unha reunión coa Confraría de Pescadores e Mariscadores da Coruña para lles informar dos detalles do Plan e para estudar posibles vías de colaboración.