Aprobado o Plan de medidas correctoras contra a contaminación acústica nas estradas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da aprobación do expediente de información pública e do Plan de medidas correctoras para reducir a afección acústica xerada pola rede de estradas de titularidade autonómica, ás que destinará un investimento de 8,19 millóns de euros. Este Plan de acción contra a contaminación acústica da rede autonómica de estradas parte da información proporcionada polos Mapas Estratéxicos de Ruído, aprobados en setembro de 2021, e permite determinar as accións prioritarias no caso de superación dos obxectivos de calidade acústica establecidos pola normativa vixente en materia de ruído. O Plan aprobado establece 4 liñas de actuación para os próximos cinco anos: actuacións preventivas, actuacións de xestión, actuacións correctivas e actuacións divulgativas e educativas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha