Aprobado o Plan de salvamento en praias de Galicia

Imaxe de arquivo dun flotador de salvamento_ PIXABAY

A Comisión técnica permanente da Comisión Galega de Protección Civil someteu a informe a revisión do Plan de Salvamento en Praias de Galicia (Sapraga), que se vén aplicando durante case dúas décadas na comunidade. O documento foi remitido á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para acadar a máxima difusión e un texto consensuado co que se pretende previr os accidentes e reducir os riscos nos espazos de baño marítimos e fluviais. Tendo en conta o reparto competencial en materia de praias, a adhesión dos concellos ao mesmo ten carácter voluntario.

O obxecto deste plan é preparar unha resposta municipal de xeito que os concellos teñan un dispositivo permanente en función dos riscos detectados, unha estrutura de mando e uns procedementos de actuación e catalogación dos medios cos que conta o concello. Así, a finalidade é que con esta planificación as actuacións que se leven a cabo en caso sexan as máis adecuadas á incidencia acontecida.
A Comisión técnica permanente de Protección Civil é un órgano de estudio e proposta dos temas que vaian a pasar a debate e aprobación pola Comisión Galega de Protección Civil, así como, a adopción de acordos en aquelas materias delegadas pola Comisión Galega de Protección Civil, entre outras, a homologación dos plans municipais.