Aprobado o proxecto básico do novo centro de saúde de Muíños

1 minutes read

Este proxecto enmárcase no convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Muíños, polo que a entidade local puxo á disposición da Xunta unha parcela de 800 m2 para construír o centro de saúde.  

O novo centro situarase nunha parcela próxima ao núcleo de Mugueimes, onde xa existe na actualidade outro centro sanitario. A situación é próxima á Casa do Concello, ao campo de fútbol, á residencia de maiores “Virxe da Clamadoira”, á farmacia e a todos os equipamentos públicos e privados do municipio. 

En canto ás características técnicas, o centro de saúde contará cunha superficie de 450,77 metros cadrados construídos, distribuíndose en dous andares: o semisoto e a planta baixa. 

En relación ao interior, empregarase a carpintería interior de madeira co fin de acadar un aspecto cálido para o usuario, así como unha funcionalidade acústica adecuada.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?