Aprobado o proxecto de construción da nova senda na estrada AC-214 entre A Xira e Cambre


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución de aprobación definitiva do proxecto de construción da nova senda na estrada autonómica AC-214 no treito entre A Xira e Cambre, no concello de Cambre. Esta nova actuación de fomento da mobilidade sostible e mellora da seguridade viaria neste municipio coruñés conta cun investimento autonómico de máis de 585.000 euros, nos que se inclúe o aboamento dos 15 predios precisos para a súa materialización. A intervención é susceptible de financiación a través dos fondos FEDER 14/20.