Aprobado o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia

1 minutes read

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, unha norma impulsada en setembro do ano 2022 co fin de que a comunidade acade o autogoberno pleno sobre a franxa costeira e garantir o equilibro entre a preservación dos valores, paisaxes e ecosistemas desta zona e a realidade socioeconómica que caracteriza a esta parte do territorio. Culmina deste xeito a tramitación da futura normativa, que nos últimos meses se someteu ao procedemento de información pública e audiencia cunha ampla participación por parte dos distintos axentes e colectivos vencellados ao litoral, ademais de recibir numerosas achegas no marco das consultas realizadas a algúns dos expertos máis cualificados nesta materia a nivel galego, nacional e europeo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?