Aprobado o proxecto de urbanización da futura praza de Baio

O Pleno da Corporación Municipal de Zas reuniuse para abordar 13 puntos da orde do día e dúas mocións de urxencia. Unha destas mocións urxentes foi o proxecto de urbanización da futura praza de Baio así como dos viais e das zonas de aparcamento da área urbanizable no sector R-B1 de Baio, situada na zona do paseo fluvial.

“Este proxecto chega a consecuencia da ocupación directa dunha parte dos terreos dotacionais desta área urbanizable que actualmente atópase en fase de exposición”, puntualizou o Alcalde de Zas. Terán que pasar varios meses para que o proxecto se faga realidade debido ás distintas fases administrativas polo que, segundo sinalou o Alcalde de Zas -Manuel Muíño -, as obras non comezarán ata o próximo ano.

O orzamento acada os 384.236,20 euros; dos cales algo máis do 75% (283.139,09€) serán financiados pola Deputación da Coruña e os restantes 101.097,11€ asumiraos o Concello de Zas. A proposta presentada neste punto polo Goberno do BNG aprobouse por unanimidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha