A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) o proxecto de construción da senda peonil e ciclista na estrada AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís, no concello de Arteixo. Trátase da redefinición dun treito de senda e que posibilitará a circulación a pé ao longo dun treito desta vía autonómica, que prevé a execución dun itinerario peonil continuo, o reforzo do firme da vía existente e actuacións de seguridade viaria. O orzamento estimado pola Xunta para levar a cabo esta actuación supera os 150.000 euros. O obxectivo deste proxecto é desenvolver un itinerario nesta vía autonómica, nun treito que coincide cunha intersección, reformulando a propia intersección para maior seguridade viaria, e habilitando o espazo para o encaixe da senda. Tamén está prevista a execución dun carril de aceleración desde o punto quilométrico 5+370, para a correcta incorporación á estrada AC-552, separado da senda peonil mediante unha barreira de formigón.
38