Aprobado o proxecto técnico de rehabilitación do interior da compostelá Casa das Máquinas


A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela, reunida en sesión ordinaria, aprobou, entre outros asuntos, o proxecto técnico de rehabilitación do interior do edificio denominado “Casa das Máquinas”, na rúa de Galeras. O orzamento total do proxecto, IVE incluído é de 166.909,43 euros; e conta cun prazo de execución previsto de 6 meses. O obxectivo da intervención é completar a rehabilitación co condicionamento interior do inmoble que permita a súa posta en servizo; así como crear un espazo polivalente co uso social e cultural demandado polos propios veciños.