34
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a Xunta aprobou os acordos coas universidades para a posta en marcha do Plan Galego de Financiamento Universitario, que este ano contará cun orzamento de máis de 469 M€, que mobilizará preto de 3.200 millóns nos vindeiros cinco anos, o que supón case un 30% máis. De feito o orzamento para 2022 supón un 5,4% máis que o do último ano do Plan de financiamento anterior. Feijóo salientou que Galicia é “a terceira Comunidade con maior investimento en porcentaxe de PIB para as universidades co 0,71% mentres que a media de España está no 0,58€. E tamén somos a Comunidade, nos últimos 12 anos, coas taxas universitarias máis baixas de toda España”, concluíu.