Estas intervencións quedaron paralizadas a principios deste ano debido á quebra da empresa constructora que tiña adxudicadas ambas as dúas obras, polo que o departamento provincial de Vías e Obras da Deputación da Coruña procedeu á resolución do contrato e redactou os proxectos técnicos para continuar e rematar os traballos, que agora veñen de ser refrendados polo pleno provincial como paso previo a unha nova licitación.
No caso de Oleiros, o proxecto de terminación conta cun orzamento de 576 mil euros, que se suman aos 44 mil xa investidos nas expropiacións dos terreos necesarios para acometer o proxecto.
No caso de Lousame remataranse as obras de construción dunha nova ponte que mellorará a conexión entre Aldea Grande e O Couto. Os traballos permitirán ampliar a plataforma da ponte sobre o rego Pesqueira de 5 a 12 metros e ofrecer un itinerario peonil seguro para os veciños.