Un garda de seguridade que traballa no hospital (HULA) de Lugo sufriu unha agresión, pouco antes das nove da noite deste domingo, por parte dun varón que o acoitelou cando trataba de acceder ao interior do centro sanitario para ver a súa parella, detida este domingo e que estaba sendo sometida a unha revisión.
O garda agredido está fóra de perigo e foron varios axentes da Policía Nacional, que estaban nese momento tamén no centro, os que axudaron a reducir o agresor e detelo.