A tenda turística e galería de arte Stoupa (Cee) volve a innovar nas súas presentacións, desta vez misturando a gastronomía coa pintura.
Este sábado 20, ás 20:30 horas, presentan Ar de Arte, unha aposta polo emprendemento coa selección da mellor conserva artesá desta terra, fusionándoa coa expresión artística de Fernando Rei.
Durante o evento, gratuíto e apto para todos os públicos, os asistentes poderán degustar produtos novos e innovadores coma a cervexa Chimán e as conservas gourmet de sardiñas e mexillóns. Todo isto enmarcado nun entorno ateigado de arte e creatividade, como son os cadros do pintor Fernando Rei (Muros), que inspiraron os envoltorios dos produtos a degustar.